Logo de anos de continuidade, 2021 marca unha aparente inflexión nas políticas orzamentarias da Xunta sobre o ámbito cultural. A necesidade de apoiar o sector ante os efectos da pandemia de Covid-19 aparece como o obxectivo desta aposta, que eleva os fondos dispoñibles ata os 94 millóns de euros. Non entanto, a importante dependencia de fondos europeos e a aparente concentración das partidas previstas fan que fique no aire o alcance real destas políticas.
O incremento de 20 millóns de euros nos programas culturais do país que anunciou repetidamente o conselleiro Román Rodríguez promete alterar en grande medida as magnitudes das políticas da Xunta neste campo. Non entanto, o destacado peso dos fondos europeos neste incremento (9,6 millóns) e a total concentración destes recursos na Agadic, sementan dúbidas sobre as posibilidades reais de mudanzas. Así o denunciaron os grupos da oposición ao lembrar que, nesta altura, non hai seguridade de que para 2022 haxa novos fondos cos que manter os proxectos que se inicien ao abeiro do apoio europeo. O feito de que a proposta da Xunta sexa crear un novo órgano, un hub de industrias culturais, cun importante desembolso (6 millóns de euros) en obras para a súa sede, crea a dúbida de se a nova entidade será unha carga extra nas políticas culturais de vindeiros exercicios, sen que polo momento se coñeza o xeito no que se financiará o organismo no futuro.
Crecementos relativos
Canda a isto, a incorporación ás contas de cultura doutros 2,6 millóns para o Consorcio para a Promoción da Música da Orquestra Sinfónica de Galicia, que ata o de agora facían parte do programa "Outros soportes financieiros ás entidades locais", reducen aínda máis a contía que se destinará a novas accións públicas. De feito, restada a achega europea, o incremento que consegue Cultura rolda o 1%, unha porcentaxe que foi amplamente criticada desde os grupos parlamentarios de BNG e PSdeG ao sinalar que é dos menores incrementos de todas as consellerías, nun ano no que os orzamentos galegos medran un 13,2%. Os grupos da oposición coincidiron tamén en sinalar a importancia que a rehabilitación do patrimonio vencellado á Igrexa e ao Xacobeo ten nas políticas da Xunta neste campo, unha tendencia que para Luís Manuel Álvarez, do grupo dos socialistas de Galicia, deriva en "desprotección do patrimonio non Xacobeo", mentres desde o BNG Lourenzo Sobral destaca que esta aposata "non responde ás necesidades e á riqueza patrimonial do país". Está por ver tamén o xeito no que a importante diminución en gastos de persoal neste apartado concreto afecta á actuación patrimonial da Consellaría.
Outros incrementos
Canda a estes, o programa Dirección e Servizos Xerais de Cultura, que aplica un incremento de 530.000 euros ás súas contas e chega aos 7.052.000, revélase como outro reforzo das políticas culturais autonómicas. Malia a que o groso do gasto deste departamento se concentra en persoal, bens correntes e servizos, o incremento si afecta de xeito particular aos investimentos, que contan 450.000 euros máis. Deste crecemento, 300.000 van engrosar a partida de Actividades difusoras de promoción, que acada os 615.892. Pola contra, o programa de Fomento das Actividades Culturais medra nada menos que 13,3 millóns, ata os 44,8, e consolídase como o máis dotado nas contas culturais. Non entanto, a maior parte deste incremento corresponde cos novos fondos destinados á Agadic, e tamén se recolle aquí a mencionada achega de 2,7 millóns ao Consorcio para a Promoción da Música. Tirados estes compromisos, fica como principal novidade cualitativa neste apartado os 50.000 euros para "Apoio ás artes gráficas e visuais". Mantéñense no programa sen novidades as importantes partidas de Actividades e Promoción e difusión cultural (617.570 euros) e de Exposicións e Artes Plásticas (197.740).
Os primeiros anuncios
Román Rodríguez cifra o incremento do esforzo inversor "nun 86,44 % e representa o 30 % do total do orzamento". Segundo el "as contas de 2021 están pensadas para seguir reactivando o sector cultural, á vista do bo resultado das políticas e investimentos realizados durante esta pandemia". Dentro das propostas de reactivación, a Consellaría anunciaba este 6 de febreiro o investimento de 23 millóns de euros, só no primeiro trimestre de 2021, no marco do Plan de Reactivación da Cultura. Segundo informa a Consellería estas achegas desenvolveranse "mediante convenios ou ordes de subvención que repercutirán nos sectores audiovisual, escénico e musical, así como no do libro, museos, equipamentos culturais e promoción, entre outros". Entres as medidas que o propio conselleiro apuntou como parte deste plan de apoio están as axudas a salas de concertos (800.000 euros) que se convocaron a cargo dos fondos da Axencia Galega das Industrias Culturais. Á luz das contas, e non sendo que parte destes investimentos se carguen a partidas do Xacobeo ou de Turismo semella que estes fondos sairán das contías xa previstas para cultura e que non suporán, na súa maioría, un incremento de gasto. Como novidades, no marco deste mesmo anuncio a Consellaría adiantaba que se incluíron "tres proxectos de ámbito cultural nas solicitudes de fondos europeos para a dixitalización da cultura ou a creación e distribución de contidos culturais, entre outras", polo que cabe a posibilidade de que haxa novidades nas políticas culturais no caso de conseguir o apoio europeo tamén para estes proxectos.
Medras concentradas
Canda a este apoio, a programación cultural vencellada ao Xacobeo e a aplicación pendente da Estratexia da Cultura Galega aparecen como os principais retos do departamento. Neste último campo, a memoria que detalla as propostas da Consellaría repite de novo as liñas xerais recollidas en 2020 e non aparecen novidades que fagan prever unha execución das medidas apuntadas neste documento. Como resumo das variacións presentes nas contas xa aprobadas, pódese falar dun crecemento xeral mais contido nas partidas para Cultura, con descensos en apartados moi puntuais. Canda a isto destaca a aparición de novos apartados de gasto, con dotacións dispares e a cargo de diferentes programas, en apoio de diferentes sectores da cultura: artes gráficas (50.000), librarías (30.000), distribución (200.000) ou, da man da Agadic, salas de música ao vivo (800.000). Non entanto, o risco principal das contas culturais para 2021 é a concentración do crecemento en dous departamentos concretos: A Agadic e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A aposta por concentrar os fondos da Axencia nun único proxecto, o hub, fai que Política Lingüística apareza como a grande protagonista do rescate á cultura do país ante a crise da Covid cos seus 3,5 millóns para Reactivación Cultural e Dinamización da Lingua Galega. Esta decisión reforza o papel deste departamento como axente fundamental nas políticas culturais do país e como interlocutor na relación institucional co sector profesional. Ao tempo a introdución na memoria da Secretaría do concepto de "industrias culturais e lingüísticas" abre unha porta que desdebuxa o papel desta sección no sistema cultural do país. Pola súa banda, a separación das competencias en Turismo da consellaría de Cultura cara á vicepresidencia primeira de goberno, semellan anunciar unha menor integración das contas entre estes ámbitos. Polo de agora, a recuperación de fondos das unidades de produción da Agadic, que en 2020 recibían parte dos seus recursos de partidas de Turismo semellan ir neste sentido.