O CGAC adquirirá obras por valor de 200.000 euros para apoiar o sector da arte

Galerías e artistas poden facer propostas a esta iniciativa ata o 24 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Consellaría de Cultura acordou duplicar os fondos dispoñibles destinados á adquisición de obras para o Centro Galego de Arte Contemporánea ata os 200.000 euros. No marco do Plan de reactivación nos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Dirección Xeral de Políticas Culturais acaba de anunciar unha convocatoria para adquirir traballos de artistas do país por esta contía para as incorporar á Colección CGAC.

Con esta medida preténdese, "apoiar o sector das artes visuais e máis concretamente aos autores galegos/as de obras de arte e galerías de arte da Comunidade Autónoma de Galicia" ademais de "enriquecer a Colección CGAC cunha oferta ampla, diversificada e atractiva de obras que completen os seus fondos e dialoguen con eles". Galerías e artistas teñen ata o vindeiro 24 de agosto para facer as súas propostas, para as que se prevé un máximo de 14.000 euros por obra.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Galerías de arte, Artes Visuais, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...