A comisión creada pola Xunta para decidir as novas adquisicións extraordinarias do centro galego de Arte Contemporánea CGAC ven de facer pública selección das obras de artistas galegos que van ser adquiridas para enriquecer os fondo do centro. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta mañá as creacións que resultaron seleccionadas ao abeiro do programa de adquisición pública de obra de arte incluÃda no Plan de Reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia. Trátase dun total de 24 obras (algunhas delas compostas por varias pezas) pertencentes a 20 artistas, seleccionadas entre unhas 350 propostas artÃsticas presentadas pertencentes a uns 190 artistas. Este programa de adquisición pública de obra de arte está dotado con 200.000 euros e púxose en marcha o pasado mes de xullo para que os artistas e as galerÃas de arte presentaran as súas solicitudes. A finalidade desta convocatoria que agora se resolve é contribuÃr ao apoio ao sector artÃstico, un dos sectores culturais afectados pola crise derivada da pandemia, ao tempo que favorecer o enriquecemento do patrimonio público e apoiar a actividade das artes plásticas e dos creadores.
Na relación das adquisicións hai pezas de nomes coñecidos do panorama da arte contemporánea en Galicia deste século, coma Andrea Costas, Berio Molina, Jacobo BugarÃn ou Xurxo Lobato, entre outros, ademais de varias das galerÃas que actúan en intermediación para a venda de obras de outros coma Mauro Trastoy, Menchu Lamas, Julia Huete ou Salvadro y Juan Cidrás, por exemplo. Segundo explicou Anxo M. Lorenzo, na selección de pezas priorizouse a pertinencia das obras e artistas na colección CGAC e un equilibrio de xénero entre as propostas de galerÃas e autores sen representación. As obras escollidas responden a criterios valorativos diversos, entre eles a calidade das obras, a súa representatividade na traxectoria artÃstica do elixido ou que poidan inserirse no relato artÃstico da colección do CGAC. Estas adquisicións extraordinarias conformarán a Colección CGAC – Xacobeo,que se inserirá como unha secciónespecÃfica dentro do conxunto de coleccións depositadas no CGAC (Colección CGAC, Colección Xuntade Galicia, Colección Carlos Areán, Colección Nelson Zumel). Deste xeito fortalécese o vÃnculo entre oCGAC e o Xacobeo, poñendo o foco sobre a arte galega cunha connuidade no tempo que a proxectacara a futuros anos santos.