A Axencia Galega das Industrias Culturais aparece, nunha primeira ollada, como a grande beneficiada nos orzamentos de cultura da Xunta para 2021. O crecemento das súas contas de 11 a máis de 21 millóns de euros, impulsadas por fondos da Unión Europea deixan non entanto aberto o xeito no que estes cartos van beneficiar ao sector cultural do paÃs.
O Parlamento de Galicia aprobaba este 26 xaneiro os Orzamentos da Xunta para 2021. Dentro destes as partidas destinadas a Cultura, segundo resumiu o conselleiro Román RodrÃguez na súa comparecencia ante a cámara, suman 94 millóns de euros e medran en 20 a respecto do pasado ano. A atender o proxecto de contas, a metade dese incremento vai para a Axencia Galega das Industrias Culturais no que é o maior crecemento de recursos culturais para este ano. AsÃ, a Agadic pasa dos 11.656.506 que manexou en 2020 a 21.791.247 para o novo exercicio. Non entanto, deses 10,1 millóns de euros, 9,6 millóns son os que a entidade conta recibir dos fondos REACT da Unión Europea, destinados a apoiar a cultura ante a crise da Covid-19. Os mesmos contan cun único destino, a creación dun hub de Industrias Culturais e Creativas, anunciado ante o Parlamento por Jacobo Sutil na presentación dos recursos do departamento que dirixe. O novo proxecto, aÃnda pendente de se coñecer polo miúdo, semella orientado fundamentalmente ao ámbito audiovisual. Os cartos europeos que chegarán á industria, en todo caso, redúcense a un máximo de 3,6 millóns, xa que nas contas da axencia os outros 6 figuran no campo "investimento en edificios e outras construcións", para a adaptación de instalacións a este proxecto, sen que polo momento fique claro onde se desenvolverán esas obras.
Incrementos xerais e axudas
Canda a esta, segundo o cadro de gastos que acompaña os orzamentos, a Axencia ve incrementado nun 6,2% os seus gastos de persoal, onde, segundo lembrou Jacobo Sutil ao explicar as contas ante o Parlamento, están incluÃdos os salarios das producións do Centro Dramático Galego. A suba nas transferencias correntes queda nun 1,9%, e as de capital no 5,5%. Restada a achega europea, Agadic contará pois na práctica con aproximadamente medio millón de euros a maiores para desenvolver as súas polÃticas no resto das partidas. Isto supón que a Axencia non liderará o anunciado plan de recuperación para a cultura do paÃs. De xeito neto, os fondos que medran daqueles cos que a entidade desenvolve a súa actividade habitual e apoia o sector cultural do paÃs ascenden nun total de 518.690 euros. O principal incremento concéntrase nas transferencias de capital destinadas a axudas á produción artÃstica, que engaden 430.000 euros, a recuperar e superar o descenso de 2020. Estas achegas permitirán que as convocatorias de subvencións a audiovisual, música ou artes escénicas conten con 5.600.000, no que é o principal fondo de apoio a estes sectores por parte da Axencia. No campo das transferencias correntes, coas que a entidade cobre o apoio a festivais de artes escénicas, audiovisuais ou a asistencia a mercados de diferentes sectores, aquelas destinadas a empresas privadas (671.339 euros, 21.409 máis que en 2020) son as únicas que medran. Manteñen contÃas as axudas en materia de cultura, que fican cun total 255.000 euros entre transferencias correntes e de capital, e mais as transferencias correntes a concellos (238.714 euros). O único descenso aparece nas transferencias de capital a corporacións locais, que perden 130.000 euros e fican con 200.000.
Traballo propio
Restado o efecto distorsionador dos fondos europeos, os investimentos reais pasan de 1,9 millóns a 2, un 5% máis. Estes cartos, que sosteñen o traballo propio dos diferentes departamentos da Axencia recuperan os acusados descensos das contas 2020, que provocaran alarma no sector cultural do paÃs. Aà atópanse incrementos menores en partidas como os inmobilizados inmateriais que chegan aos 1.837.000 euros (máis 44.281), e materiais (engaden 3.000 euros, ata os 16.000). Os primeiros cobren as "Actuacións culturais previstas por este departamento", unha liña que pasa de 1.391.719 en 2020 a só 1.083.000 este ano. Tamén inclúen os orzamentos do Centro Dramático Galego (600.000 fronte a 350.000 en 2020) e do Centro Coreográfico (150.000 contra os 50.000 do anterior exercicio). Dese inmobilizado material, 15.000 euros van destinados ao funcionamento do Centro Galego de Artes da Imaxe, que tamén recibe 140.000 dos investimentos de carácter inmaterial (20.000 a maiores de 2020). O departamento chega asà aos 155.000 euros e recupera o recorte sufrido o ano pasado, cando ficara con só 132.000. No resto deste capÃtulo intégranse as liñas que sosteñen as redes de teatro e auditorios, salas e música ao vivo.
Liñas de traballo
En canto ás liñas de traballo previstas para o ano que comeza, na memoria da ConsellerÃa menciónanse entre as previsión da Axencia unha "modificación ao tratamento das salas de artes escénicas privadas, ao velo como un proxecto global", ademais de "modificar o financiamento" da Rede Galega de Música ao Vivo "para facilitar que os concertos sexan rendibles para as salas". Na súa comparecencia ante o Parlamento, Sutil adiantou incrementos nas liñas de apoio a festivais audiovisuais, a salas de música ao vivo (que o Consello da Xunta aprobou o pasado 21 de xaneiro por valor de 800.000 euros) ou a salas de cine, que prevé incrementar de 120 a 150.000 euros. Ademais asegurou que se destinarán 100.000 euros á celebración do mercado Galicia Escena Pro, suspendido en 2020 por mor da pandemia, e que se convocarán neste exercicio as axudas de 300.000 euros a festivais musicais, tamén ausentes no último ano. A nivel escénico, destaca a anunciada recuperación do proxecto internacional "Nós" de relacionamento con Portugal. Román RodrÃguez, pola súa banda, adiantou o lanzamento de axudas para a reactivación do sector musical por valor aproximado de un millón de euros.
Máis cartos no Gaiás
A ConsellerÃa de Cultura mantén sen apenas variacións as súas achegas á Fundación Cidade da Cultura. As transferencias foron en 2020 de 12.730.052 euros en 2020 e de 12.730.168 en 2021, a sumar as realizadas polos departamentos de Cultura e de Educación, que transvasan entre si 300.000 euros sen que muden practicamente o total. Non entanto, a Fundación contará con case dous millóns máis nas súas arcas, un total de 17.268.124 euros, ao incrementar en 1,5 millóns, ata os 4.537.956 euros os ingresos por explotación, entre os que se conta a achega da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Das achegas da ConsellerÃa 7.000.116 son transferencias de capital, das cales 4,5 saen de Cultura e 2,5 de Educación. Estas últimas estarán centradas no remate do Edificio Fontán, que acollerá o Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais e que absorberá neste ano 7.396.116 euros, a incluÃr a propia obra (4.900.116), modificacións da mesma (1.060.000), equipamentos (834.000) e telecomunicacións (477.000). Canda a estes, dos gastos da Fundación, o investimento en obras e instalacións continúa a supor o groso dos gastos da entidade, que fará investimentos neste campo por valor de 9.400.116 euros, aos que se suma 1.371.427 de gastos de persoal. Isto deixa 6.296.581 de gastos correntes (5.730.052 achegados da ConsellerÃa), entre os que se listan 2.399.800 euros en contratacións para programación cultural, incluÃdos servizos de limpeza e de seguridade vencellados a estas propostas.
Proxectos do Gaiás
Do programa para o ano que comeza anúnciase a continuidade dos ciclos "Escenas do Cambio e Atardecer no Gaiás, as colaboracións co Centro Dramático Galego", asà como o "Encontro de Artistas Novos, as intervencións paisaxÃsticas nas Torres Hedjuk ou o proxecto Reb/veladas na paisaxe", segundo recolle a memoria da entidade nas contas. Pendentes da evolución da pandemia, preténdese tamén celebrar unha nova xeira dos encontros Serán, asà como a terceira das grandes exposicións previstas polo Xacobeo 2021. Será Galicia Futura, "na que se pretende amosar os contidos actuais e futuros dun territorio caracterizado pola creatividade en todos os aspectos do saber, e que permitirá unha interrelación con moitas entidades produtivas e culturais galegas". Outra novidade que se adianta é a diversificación da programación relacionada coa familia e coa música ao longo do ano, mediante a creación de pequenos ciclos ou programas de primavera, verán e outono", aÃnda que se adianta a continuidade de Pequefilmes e de Nadal no Gaiás. Este é tamén o ano no que se pretende elaborar "un novo plan estratéxico para a Cidade da Cultura, que marque a folla de ruta dos próximos anos en sintonÃa coa nova realidade edificatoria derivada da finalización das obras de intervención paisaxÃstica, urbanización e edificación, e ao fÃo dos novos retos, moitos deles condicionados pola situación epidemiolóxica actual".
Outros organismos
Os diferentes organismos que reciben fondos da ConsellerÃa manteñen os seus orzamentos sen mudanzas nas previsións para 2021. Serán 2.784.413 para o Consorcio de Santiago, 831.868 para o Museo do Mar, 558.500 para a Real Academia galega, 531.800 para apoiar a actividade do Museo do pobo, 100.000 para o MARCO, 45.000 para a Academia de Belas Artes e 35.000 para o Real Padroado de Sargadelos. A Fundación Camilo José Cela, contará de novo con 287.000 euros, aos que sumará 21.100 máis con achegas do concello de Padrón, venda de entradas e outros ingresos. Entre as previsión da entidade para 2021 destaca a exposición conxunta co CGAC Nueva York Amarga, asà como o desenvolvemento dun novo web e a virtualización de exposicións como principais retos. Os fondos para o CGAC mantéñense sens variacións, aÃnda que se dan algunhas mudanzas na distribución entre as diferentes partidas. Desde xeito, nace unha dedicada ás anunciadas novas sedes para o centro en Lugo e en Vigo, dotada con 50.000 euros. Estes detráense da avultada contÃa que xa en 2020 se dedicaba a obras no edificio principal da entidade, e que fica agora con 228.048. Do mesmo xeito, os 100.000 euros que o Centro perde en Actuacións e Programación Cultural (760.000 euros) súmanse á partida para adquisición de obras de arte, que duplica asà o seu montante (200.000). O Consello da Cultura, cuxos fondos saen do programa "Alto asesoramento da comunidade autónoma de Galicia", ve poucas variacións nos seus recursos, xa que só suma 25.919 euros e queda con 2.782.982 euros, para desenvolver as súas actividades.
Concellos
A principal partida das transferencias que lles fai a Xunta ás entidades locais en materia cultural, a de Actividades de promoción e difusión Cultural mantense nos 2,7 millóns, unha estabilidade que comparten case todas as transferencias a entidades locais. Esta partida inclúe entre outros o ciclo Cultura no Camiño +, que o pasado ano supuxo un investimento de 750.000 euros. Fronte a esta contÃa, as subas previstas nas contas neste ámbito son dunha importancia relativa. O maior incremento dáse nas transferencias correntes para accións en materia de lingua, que medra 100.000 euros e acada os 350.000. O apoio para fondos bibliográficos (anteriormente listada como axudas para investimentos en bibliotecas), suma 12.000 e chega a 362.000 euros. Increméntase lixeiramente tamén, con 3.000 euros, a axuda para Dinamización Bibliotecaria e Cultural para Bibiliotecas Municipais, que suma asà 201.000. Pola súa banda, a achega para actividades culturais municipais pasa de 50 a 75.000.
Organizacións non lucrativas
De xeito similar, o apoio a entidades non lucrativas só ve un incremento destacado (92.668 euros) nas transferencias correntes para "actividades de asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro", que chegan a 454.123. Pola contra, tanto a liña de axudas para conservación e protección de patrimonio cultural como a e apoio a acción de promoción da lingua galega minguan en 50.000 euros, quedando a primeira con 100.000 e a segunda con 50 e a perder asà as subas que sufriran no pasado ano. A principal partida neste campo muda a súa denominación e as transferencias de capital a este tipo de entidades aparecen como destinadas "a familias e institucións sen fins de lucro" (que adoitan ser subvencións e convenios nominativos) e manteñen os 435.438 do pasado ano, unha situación que se repite nas outras partidas dirixidas a este ámbito que deixa unha lixeira perda neta de investimento no terceiro sector cultural.
A resumir as partidas consideradas, obsérvase a clara aposta da Xunta pola Agadic como receptora dos novos investimentos en materia cultural da Xunta. Do mesmo xeito que as aquà listadas, outras áreas de actuación, mesmo con recursos ampliados, non prometen marcan grandes diferenzas nas polÃticas culturais para este 2021. A grande excepción neste sentido é a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, un departamento que abordamos na vindeira reportaxe.