Novos proxectos eólicos espertan prevencións polo impacto no patrimonio cultural

Preocupación polas afeccións destes plans en Padrón, Betanzos e Vimianzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os novos proxectos de parques eólicos para diferentes parques de Galicia están a espertar numerosos movementos de entidades administrativas locais, movementos veciñais e plataformas. En Vimianzo, tanto o concello como asociacións como a parroquial de Berdoias, o colectivo A Rula ou o Semescom presentaron alegacións en relación ás afeccións sobre o patrimonio cultural, que inclúen estacións de arte rupestre, o dolme Casota de Freáns ou varios camiños tradicionais. No caso do Monte do Gato de Coirós, a empresa Greenalia informou de que vai realizar un novo informe patrimonial tralas alertas emitidas pola bióloga Mónica Fernández-Aceytuno, quen sinalou a existencia de túmulos megalíticos na área afectada -que rexistra unha coñecida densidade de restos megalíticos. E no Ulla, en Padrón e A Estrada colectivos e grupos políticos tamén preparan mobilizacións ante o proxecto de instalación de varias torres eólicas na contorna de Castro Valente, unha singular fortificación arqueolóxica de época tardoantiga ubicada no alto do monte.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Padrón, Vimianzo, Betanzos, Asociacións...

Claves

Entidades
Conceptos