Unha exhaustiva análise de case 500 páxinas con fotografías, información inédita e un repaso da evolución histórica do complexo. Esta é a proposta de El Parque del Pasatiempo de Betanzos, o volume que acaban de presentar Ángel Arcay Barral, Yosune Duo Suárez e Jose Souto Santé no seo da Asociación de Amigas/os do Parque do Pasatempo. A obra segue a pista de pezas desaparecidas deste espazo, e achega un total de 110 fichas doutros tantos elementos que fixeron parte do proxecto. Ademais confirma cuestións como a existencia dun zoolóxico no parque ou que os estanques eran navegables, ademais de percorrer mediante fotografías e documentación o proceso de degradación do conxunto.
O volume está á venda na libraría Santé da Coruña e en varios locais de Betanzos como Bodegas Barral, La Velasca, Breapaper ou Biblos Clube de Lectores.
O volume está á venda na libraría Santé da Coruña e en varios locais de Betanzos como Bodegas Barral, La Velasca, Breapaper ou Biblos Clube de Lectores.