Quiosco: Casa dos Espellos, número 1

Está editada pola Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo

Está editada pola Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo
Cuberta do número 1 da revista
A Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo acaba de estrear unha nova revista: Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega, unha revista de "carácter científico" coa vontade de difundir investigacións e artigos sobre a cultura do país. O primeiro número está moi centrado na propia historia de Betanzos, con artigos sobre a orixe medieval da Feira Franca da cidade, a cargo de Paula Cadaveira, estudos sobre os imáns García Naveira, ou o emprego dos traxes como forma de datación das fotos do parque do Pasatempo entre moitos outros. A revista está dispoñible en pdf.