Quiosco: Anuario Brigantino, nº 42

Presenta novos petróglifos en Pontedeume

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O concello de Betanzos presentou unha nova edición da emblemática publicación Anuario Brigantino. Trátase do número 42, correspondente ao ano 2019. Entre os numerosos artigos dedicados á arqueoloxía, a historia ou a arte, sobrancean traballos sobre a paisaxe sacra da Virxe da Eirita (Cabana de Bergantiños) a cargo do catedrático Martín Almagro-Gorbea, Fernando Alonso Romero, Antón Bouzas e Lois Ladra, ou outro traballo sobre as pegadas de Roldán e a do cabalo de Santiago no monte Pindo, a cargo de Fernando Alonso Romero. Pola súa banda, Ángel Arcay e Daniel Lucas Teijeiro dedican senllos artigos ao Parque do Pasatempo. O grupo da arqueoloxía da Terra de Trasancos dá conta tamén do achado de petróglifos inéditos en Pontedeume. A revista pódese descargar de balde no seu web.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontedeume, Arqueoloxía, Paisaxe, Concello de Betanzos...