Como xa é tradicional, acábase de presentar o número 40 do Anuario Brigantino, correspondente ao ano 2017, contendo un amplo repertorio de artigos e estudos ao redor da historia da área de Betanzos e o norte de Galicia. Desta volta, podemos atopar, entre outros moitos, artigos sobre "o significado do touro na arte románica da comarca de Betanzos", a cargo de Fernando Alonso Romero, outro de Alfredo Eiras sobre "a Historia de Betsabé da Porta FrancÃxena ou a recuperación dun ciclo escultórico da catedral de Santiago", ou unha análise de Carmen Cotelo sobre os resultados electorais en Betanzos, que a convirten nunha "magic town", unha cidade de referencia para a representación de votos, en Galicia.