O DÃa da Ilustración Galega conmemora por vez primeira, este 30 de xaneiro de 2021, a unha muller. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que organiza a efeméride en colaboración coa ConsellerÃa de Cultura, apostou por celebrar nesta xeira a Lolita DÃaz Baliño. Docente, fotógrafa, pintora ou ilustradora, DÃaz Baliño aparece como unha figura destacada nas plástica galega do comezo do século XX. Colaboradora de revistas como Céltiga ou Galicia Gráfica, na editorial Nós e virtuosa da acuarela, o seu estilo caracterizouse por influencias art-déco combinadas con elementos da arte rexionalista. Nos seus traballos destacan as representacións de mulleres independentes e estilizadas. Foi, con Carmen Corredoyra, a primeira muller que se incorporou a Real Academia Galega de Belas Artes en 1938.
Para alén do vÃdeo-homenaxe que elaborou a AGPI para dar a coñecer esta figura "sorprendentemente esquecida" da nosa arte, o web do DÃa da Ilustración acolle unha breve biografÃa e unha galerÃa do seu traballo. Dentro dos actos de homenaxe, a Biblioteca de Galicia amosará na Cidade da Cultura a exposición Lolita DÃaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista, prevista nun primeiro momento ata o vindeiro 13 de maio. Ademais o 29 de xaneiro, ás 12:10, a historiadora da arte Rosario Sarmiento impartirá unha conferencia en liña sobre a figura da que fora tÃa de Isaac DÃaz Pardo e irmá de Camilo DÃaz Baliño. Ademais, como parte da conmemoración, a AGPI convidou ás creadoras galegas Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero, a achegar a súa "visión persoal de Lolita DÃaz Baliño, mediante ilustracións realizadas especialmente para a ocasión".
Canda aos actos dedicados á autora, o DÃa da Ilustración tiña previsto desenvolver diferentes obradoiros e actividades por bibliotecas de todo o paÃs, que terán que se suspender ou reformular polas restricións sanitarias contra a pandemia da Covid-19. Mantense, no entanto, a conferencia en liña da ilustradora Carla Berrocal, programada para o 29 de xaneiro ás 10:30.