A Fundación Seoane amosa o traballo de Lolita Díaz Baliño cunha exposición

A Biblioteca de Galicia ten aberta ata o 13 maio unha mostra sobre a homenaxeada no Día da Ilustración

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
A Fundación Seoane amosa o traballo de Lolita Díaz Baliño cunha exposición

A Fundación Seoane abrirá na Coruña este 25 de marzo Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada. A exposición recupera o traballo da autora homenaxeada no Día da Ilustración Galega deste 2021 a amosar un cento de pezas que inclúen "augadas, debuxos, collages, unha pequena selección de porcelanas e un apartado que inclúe catálogos de man, recortes de prensa, folletos, revistas, cartas, fotografías e dous retratos a lapis da artista realizados polo seu sobriño Isaac Díaz Pardo".

Ata o vindeiro 19 de setembro estará aberta "a primeira mostra antolóxica dedicada á obra da ilustradora coruñesa, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que posúe un forte carácter divulgativo, incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente".

O proxecto inclúe ademais un documental "no que diferentes profesionais, xunto con familiares e coñecidos ofrecerán en primeira persoa a súa visión acerca da artista". Dirixido por Xurxo Lobato, o filme conta coa participación de "Xosé e Camilo Díaz, Miguel Anxo Seixas, Carlos Castelao, Teresa Taboada, Miguelanxo Prado, Ana Romero Masiá, Santiago del Hoyo, Felipe Senén e Rosario Sarmiento, e inclúe imaxes inéditas de Lolita Díaz Baliño pintando". Tamén se publicará un catálogo con textos da propia comisaria e do historiador Miguel Anxo Seixas, canda a un extenso apartado fotográfico.

En paralelo, e logo de se ter suspendido polas limitacións derivadas da Pandemia, a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura ten en marcha ata o 13 de maio Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Día da Ilustración, Biblioteca de Galicia, Isaac Díaz Pardo...