Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, acaba de incorporar o fondo documental do artista, escritor e intelectual galeguista Camilo DÃaz Baliño, un dos máis destacados de entre os que se custodian na Biblioteca de Galicia. Trátase do material reunido por Isaac DÃaz Pardo relacionado co seu pai e inclúe arredor de 200 fotografÃas, relatos orixinais, unha pequena biblioteca persoal e 10 álbums elaborados por Camilo DÃaz que recollen toda a súa actividade profesional en América como escenógrafo, ademais dun centenar de cartas e documentos persoais, entre os que se atopa o documento orixinal do xuÃz que dá conta da morte de DÃaz Baliño, fusilado en 1936. Destacan tamén os debuxos realizados por Camilo DÃaz na cadea aos seus compañeiros de prisión, dÃas antes do seu pasamento, e o debuxo con carácter premonitorio do seu futuro. Gran parte deste material foi dixitalizado pola Biblioteca de Galicia, en colaboración coa Fundación Telefónica, e o resultado do traballo foi a catalogación de 50 unidades documentais e a conversión a formato dixital de máis de 1.700 páxinas.