A Guarda quere recuperar as antigas escavacións do castro do Trega

O proxecto Trega 2020+5 dedicará cinco anualidades a reescavar e consolidar o xacemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O xacemento do Trega é un dos sitios arqueolóxicos galegos que levan máis tempo a ser escavados arqueoloxicamente. Un novo proxecto do concello da Guarda quere "recuperar e consolidar" as áreas máis antigas escavadas -algunhas intervidas xa en 1910- para facelas visibles. O proxecto, dirixido polo arqueólogo Brais Currás, do EST-AP do CSIC, consta de cinco anualidades nas que se traballará nesa recuperación de zonas hoxe abandonadas, o mantemento do conxunto das estruturas excavadas, a investigación no coñecemento arqueolóxico dese espazo e a creación de contidos destinados a divulgación. O proxecto incluirá as prácticas para cinco estudantes do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando o Trega fala

Cando o Trega fala

As escavacións desvelan máis segredos dun dos castros máis grandes de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Guarda, Arqueoloxía, CSIC, USC

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares