O Concello de Pontedeume pretende escavar e recuperar o Castro de Centroña

Contará co alumnado do Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade para o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Con conversas avanzadas para mercar os terreos nos que se asenta o depósito arqueolóxico, o Concello de Pontedeume prevé recuperar e escavar o Castro de Centroña. A iniciativa considera unha primeira fase de escavación e valorización deste depósito, que se complementará despois coa solicitude de que o mesmo se declare Ben de Interese Cultural. O espazo será o eixe dunha ruta polos restos arqueolóxicos do concello. Para a escavación e recuperación do complexo, o concello contará co alumnado do Mestrado en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da Universidade da Coruña, que poderán desenvolver as súas prácticas neste espazo.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontedeume, Arqueoloxía, Ben de Interese Cultural, Universidade da Coruña