A Fundación Barrié financia a escavación do depósito de Chan de Cereixo, o máis antigo do país

As raíces máis fondas

17/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O vindeiro verán un equipo galego-madrileño iniciará unha campaña de escavación no depósito de Chan de Cereixo, en Gondomar. Estes restos arqueolóxicos, datados hai uns 200.000 anos están considerados os máis antigos de Galicia. O estudo realizarase grazas ao apoio económico da Fundación Barrié, que achegará 54.000 euros ao proxecto. Esta será a primeira escavación científica que se desenvolva neste lugar, e agárdase que a investigación se prolongue durante cinco anos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, La Voz de Galicia