Un equipo descobre en Gondomar restos da aldea máis antiga de Galicia

Unha aldea do calcolítico

14/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces
O pasado mes de xullo un grupo de arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) iniciaron unha investigación (auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza) para atopar restos dos primeiros orixes da humanidade (no Paleolítico Inferior) no Chan do Cereixo, no concello de Gondomar. Pero na súa busca atoparon un depósito, moi posterior, presumiblemente da Idade de Bronce, formado por unha muralla que rodea un petroglifo e un sistema propio de drenaxe. Segundo explica en “La Voz de Galicia” o especialista Xosé Lois Vilar, trátase da aldea mais antiga descuberta en Galicia.

Máis información sobre a situación en La Voz de Galicia


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego