As investigacións arqueolóxicas en Gondomar descobren a primeira mostra de arte rupestre neolítico en Galicia

Estrea de arte en Gondomar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O depósito de Chan do Cereixo, en Gondomar, continúa a revelar novas sobre o período Neolítico en Galicia. A última nova é unha estrea artística no lugar, nada menos que a primeira mostra de arte rupestre neolítico no seu contexto e realizada ao aire libre. Canda a isto, apareceron fragmentos de cerámica, lascas e mesmo unha landra carbonizada. Solos de cabanas, un posible almacén de gran e mesmo un muro de pedra completan uns achados que prometen revolucionar os nosos coñecementos sobre a prehistoria do país.

Máis información en Faro de Vigo, en Galicia Hoxe en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a excavación

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Neolítico, Prehistoria, Galicia Hoxe, Faro de Vigo...