O paleontólogo Emiliano Aguirre denuncia o espolio do principal depósito do paleolítico galego nas Gándaras de Budiño

As gándaras roubadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As Gándaras de Budiño, no Porriño, que albergaban os máis importantes restos do paleolítico en Galicia foron sistematicamente espoliadas nos últimos anos, segundo denunciou onte o paleontólogo Emiliano Aguirre no marco do seminario “Universo y Hombre: Origen y evolución” que se celebra na fundación Barrié. O estudoso, que foi un dos primeiros en dirixir escavacións nesta zona xa nos anos sesenta, lamentou a desatención da administración e a práctica desaparición deste depósito por mor dos saqueos.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, La Voz de Galicia, Fundación Barrié, Galicia Hoxe...