As Gándaras de Budiño é un xacemento mítico da investigación arqueolóxica en Galicia. Foi un dos primeiros xacementos do Paleolítico excavado cientificamente no país. As datacións de Carbono 14 realizadas de aquela estableran a antigüidade do sitio en 26.000 anos, unha datación moi próxima para a época paleolítica. Despois da experiencia no xacemento das Neves, os arqueólogos Eduardo Méndez-Quintas e Manuel Santonja, do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), están convencidos de que o xacemento, en realidade, é moito máis antigo. En declaracións a La Voz de Galicia, Eduardo Méndez sinalou que o carbono 14 só pode datar restos de ata 50.000 anos. "Temos indicios de que sexa mesmo máis antigo de 300.000 anos, pero saberémolo ao rematar a investigación", apuntou.
Volven investigar nas Gándaras de Budiño para revisar a súa antigüidade
Durante moito tempo foi considerado o xacemento clásico do Paleolítico galego
28 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego


