Unha xornada do CCG analiza o impacto da COVID-19 na participación e consumo cultural

Pódese seguir no web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O CCG celebra hoxe na rede a xornada "Participación e públicos culturais en tempos da COVID-19", coa que se quere achegar "á experiencia e últimos traballos de dúas iniciativas que traballan na análise de datos culturais, que nos permiten coñecer a evolución dos hábitos, do consumo ou da participación cultural. Tamén o impacto da COVID-19 en todos eles". O evento, que pode ser seguido en liña, inclúe participacións de Hakan Casares, do Observatorio da Cultura Galega, e de Nicolàs Barbieri do Observatori de Dades Culturals de Barcelona do Institut de Cultura do concello de Barcelona. O xoves 21 pola tarde será a quenda de debate coa participación de diferentes axentes culturais. Todas as conferencias poden ser seguidas sen necesidade de inscrición.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Barcelona, Hakan Casares, Observatorio da Cultura Galega...