Os axentes culturais galegos están máis significativamente máis preocupados que os do resto do Estado en varios aspectos derivados da crise sanitaria. É na carencia de "información para reprogramar a actividade da organización", como poden ser os eventos ou concertos e na "liquidez, ou capacidade de cumprir coas obrigas económicas". Así o avanzou esta mañá Pau Rusell, responsable da Área de Investigación en Economía de la Cultura y Turismo (Econcult) da Universidade de Valencia. Os datos son os resultados provisionais dunha enquisa dirixida a profesionais da cultura de todo Estado que obtivo 800 respostas e, delas, as de 50 xestores culturais galegos. Os resultados finais da enquisa aínda non foron feitos públicos. Así o puxo de manifesto durante a segunda mesa do ciclo "Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19" titulada "Reflexións inspiradoras" e que conducida por Marián Fernández, xestora cultural en O Cable Inglés, contou tamén coa participación de María del Camino Barcenilla, xefa da sección de Recursos e Desenvolvemento Estratéxico da Dirección Xeral de Cultura - Institución Príncipe de Viana (Navarra). Na mesa tamén se falou da necesidade de contar con máis datos sobre a satisfacción do usuario en relación aos contidos culturais e de mapear os recursos existentes, entre outros temas.
Segue o debate
Segue o debate