O CCG reforza a súa función asesora

Presentou as liñas de programación para o vindeiro trimestre

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou onte durante a celebración do plenario da institución que durante o ano 2020 o CCG realizou preto de 60 informes e documentos de traballo sobre a realidade cultural do país, por iniciativa propia ou a petición doutros axentes, "reforzando a súa función asesora". O plenario valeu para recapitular a actividade da institución en 2020, caracterizada pola irrupción da pandemia e a aposta polos contidos dixitais, ben de nova creación ou ben adaptando formatos preexistentes. Rosario Álvarez tamén destacou as accións que se levarán a cabo no primeiro trimestre, no que se estrea unha nova metodoloxía de traballo definida pola existencia de dez liñas de acción que organizan as accións que se levan a cabo. Trala inauguración da exposición de Afonso X o Sabio, a institución continuará desenvolvendo actividades de difusión do legado medieval. Ademais, están en preparación actividades como xornadas sobre a credibilidade da ciencia en tempos de pandemia, a cultura sostible, o foro Patrimonio e Sociedade e unha nova sesión do ciclo de cinema Olladas de muller.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosario Álvarez, Plenario, Afonso X, Ciencia...