O Consello da Cultura Galega aproba as liñas de programación para os vindeiros dous anos

A Galicia medieval e a creación cultural contemporánea entre as temáticas destacadas para 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Galicia medieval será unha das liñas temáticas do Consello da Cultura Galega no vindeiro ano. Farao a partir do fío iniciado coa exposición "Afonso X e Galicia", que se inaugurará en xaneiro e ofrecerá unha visión sobre os vínculos entre o rei e este reino medieval. A outra será a creación ccultural contemporánea, nas súas diferentes manifestacións, a igualdade de acceso á cutlura e o estudo das migracións e do intercambio cultural. Así foi aprobado onte polo Plenario da institución, que tamén estableceu as liñas principais de acción para o 2022, entre as que estará a Galicia da transición e a análise do acceso á cultura en función do territorio, así como a cultura marítima. Canda estas grandes liñas de acción, o Consello da Cultura Galega manterá outras liñas de acción incardinadas no traballo da institución desde hai anos, como a preservación da memoria e as accións relativas á "memoria viva".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Afonso X, Igualdade, Plenario

Claves

Protagonistas
Conceptos