A mostra profesional de teatro en galego chega a Pontevedra. E faino co grupo Sarabela Teatro que abre o ciclo representando a obra de Manolo Rivas "O lapis do carpinteiro". Unha representantación que chega á cidade logo de ser aplaudida por máis de 12.000 espectadores.
Mostra
Un total de cinco funcións inauguran a Mostra de Teatro Profesional de Pontevedra. Un ciclo teatral que levará ata a cidade do Lérez pezas teatrais a cargo de diferentes representacións. Obradoiros e cursos para os nenos completan a programación para este outono de Teatro.
Sarabela Teatro
O Teatro Principal abre as súas portas para acoller a obra de Manolo Rivas " O lapis do carpinteiro". Oito actores, para 39 personaxes con tres niveis de montaxe: un de realismo máxico, outro de veracidade e un nivel de esperpento no que se encadran as personaxes que van con máscara sen rostro. Sarabela Teatro é unha compañía de teatro profesional galego, que ten unha longa traxectoria e moitos éxitos. De feito, vén de tomar parte na Feira de teatro de San Sebastián, unha das citas máis importantes do teatro profesional a nivel nacional. A obra que presentan a partir de mañá en diferentes sesións para estudiantes e afeccionados ó teatro en xeral, xa foi aplaudida por máis de 12.000 espectadores de Galicia e de fóra.