Un novo certame chama a crear xogos de mesa en galego

Todos os traballos participantes compilaranse nun repositorio en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Xoga en galego é o nome do primeiro certame de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar que organiza a empresa Xandobela co apoio da Deputación da Coruña. O premio nace coa intención de "dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos" e "potenciar a creación lúdica colectiva". O certame está dirixido a persoas e grupos da provincia que deberá remitir as súas propostas lúdicas para crianzas a partir de 6 anos e optarán a dous premios de 100 euros para gastar en xogos de mesa. Todos os proxectos remitidos, que deberán estar en galego, publicaranse no web Somosxogo.gal, de xeito que se creará un repositorio de recursos lúdicos na nosa lingua. O prazo de participación está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos