A Mesa pola Normalización LingüÃstica presentaba onte o informe Situación da lingua galega na programación televisiva infantil, co que denuncia a escasa presenza do noso idioma neste ámbito. Segundo apunta esta análise, só un 4,6% na programación diaria e un 2,7% na fin de semana daquelas canles que emiten en aberto está en galego. A TVG, a través das súas dúas canles, é a única entidade que atende a esta franxa de idade na nosa lingua.
A maiores dos poucos programas infantÃs na nosa lingua, a organización denuncia " a exclusión do galego mesmo en series e debuxos animados con contidos infantÃs que gozaron de éxito na TVG na súa comercialización en DVD ou App, desprezándose traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público".
De cara a mellorar esta situación, A Mesa reclama a creación dunha terceira canle da CRTVG dedicada exclusivamente a estes contidos ao tempo que sinala a necesidade de aproveitar as posibilidades técnicas da TDT para ofertar audios na nosa lingua nas emisións dependentes de TVE. Ademais, anima a xunta a apoiar a comercialización de produtos audiovisuais en galego para crianzas e a facilitar a recepción das televisións portuguesas no noso paÃs entre outras medidas.