A vulneración dos dereitos lingüÃsticos no noso paÃs será elevada á UNESCO, o organismo para a cultura das Nacións Unidas. A Mesa pola Normalización LingüÃstica anunciaba onte que inicia un proceso de diálogo con diferentes entidades sociais do paÃs para presentar unha denuncia ante esta entidade. “Queremos internacionalizar esta información, que o mundo saiba o lingüicidio que se está a perpetrar en Galiza. Un mundo sen galego serÃa un mundo máis pobre”. Carlos Callón, presidente da Mesa explicaba onte as bases desta iniciativa e lembraba que a nosa é a única lingua do estado que perde falantes.
Segundo adiantou Callón, a denuncia fará “un repaso polos principais agravios que está a padecer o noso idioma”, entre os cales, segundo apuntou a organización están "a prohibición da docencia en galego dalgunhas materias, o recente despedimento do profesorado que impartÃa cursos en galego para adultos, a negación de contratos predoutorais a quen entregou documentación en galego, a redución da presenza do galego nos medios de comunicación, a eliminación do galego do programa informático da Administración de Xustiza ou a eliminación do galego como requisito no acceso á Función Pública"