A Administración de Xustiza en Galicia incumpre a Carta de Linguas Minorizadas e discrimina o galego. A Mesa pola Normalización Lingüística presentaba onte un informe no que sinala que só un 8% das sentenzas que se publican no país están en galego, ao tempo que salientan que solicitar o emprego do noso idioma neste ámbito supón sempre unha dilación nos procesos. Os problemas para galeguizar nomes e apelidos, a falta de textos normativos na nosa lingua ou o descoñecemento da mesma polo persoal desta administración son outros dos problemas que detectou esta entidade.
