O Consello de Europa reclama máis ensino en galego

Salienta a necesidade de actuar en ámbitos coma a xustiza e a administración

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Mesa pola Normalización publicitaba esta mañá un informe no que o Consello de Europa denuncia que “os plans de acción sobre as linguas adoptados recentemente polas autoridades galegas e vascas non foron todo o eficaces que se agardaba”. Nese sentido, o organismo aplaude o Decreto de Galeguización do Ensino e apunta a necesidade de complementar a medida con programas que permitan o emprego exclusivo a nosa lingua neste ámbito. A maiores, o Consello anima a desenvolver actuacións específicas en ámbitos coma a xustiza ou a administración e fai referencia aos diferentes casos de discriminación por cuestión de lingua que se dan no noso país.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello de Europa, Ensino

Claves

Entidades
Lugares