A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acollía este xoves 20 de marzo a segunda xornada do foro participación Un país coa súa lingua. Dedicada de xeito específico a debater a situación do galego nos ámbitos da administración e da xustiza, a sesión finalizou con propostas concretas para incrementar a presenza da nosa lingua nestes espazos.
Deste xeito, entre as conclusións do debate está a iniciativa de contar con software en galego e incrementar dispoñibilidade de documentación xudicial no noso idioma. Como unha segunda medida, o foro reclama que "unha vez que ese material estea dispoñible, se debe impulsar o uso do galego entre os profesionais da xustiza mediante cursos de formación e medidas de fomento que permitan garantir unha maior presenza do galego na tramitación e nas resolucións xudiciais".
A estas propostas súmase a reivindicación dun maior orzamento para medidas de normalización lingüística nestes ámbitos e a inclusión de criterios lingüísticos na contratación de servizos por parte da administración pública, en particular nos eidos relacionados coa atención ao público, coa infancia, co lecer e cos servizos sociais.
As medidas para reverter o declive do galego neses espazos deberán pasar tamén por "reforzar a regulación legal sobre a planificación e os dereitos lingüísticos que garanta un marco normativo máis sólido que facilite a promoción e protección efectiva do galego en todos os ámbitos", segundo apuntan as conclusións do encontro.
Na súa intervención, Luís Villares, xuíz e maxistrado da Sala Contencioso Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, apuntou que, "segundo unha consulta realizada ao CENDOJ (Centro de Documentación Judicial) nos últimos 5 anos o 96,21% das resolucións ditadas en Galicia están en castelán e só o 3,79% está en galego", unha situación que atribúe a un fracaso nas políticas de normalización nesta área.