Falece o histórico actor de dobraxe Antón Cancelas

Puxo voz a populares personaxes como JR ou Terminator

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O pasado 8 de decembro facíase público o falecemento de Antón Cancelas. Este histórico actor de dobraxe, nado en 1955, foi un dos pioneiros en pórlle voz na nosa lingua a moitos dos grandes personaxes das producións audiovisuais americanas. Terminator, o JR de Dallas ou diferentes personaxes interpretados por Clint Eastwood ou da serie de filmes de Harry Potter fixeron parte dos fitos deste veterano que iniciou a súa carreira en 1986 e cuxo traballo marcou toda unha xeración de dobraxes no país.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves