Unha frase de Terminator convértese na máis célebre na historia da dobraxe da TVG

O concurso era unha das iniciativas convocadas para festexar as vodas de prata da cadea

Con 92 votos o “a rañala rapariga” de Arnold Schwarzenegger en Terminator convértese na frase máis célebre da historia da dobraxe da TVG. Ou alomenos así o recoñecen os usuarios de Twitter no concurso que a cadea pública convocou por esta plataforma co gallo das súas vodas de prata. Por detrás quedaron “Este batido está caralludo” (Pulp Fiction) con 91 votos, mentres que “Para vences a Austin Powers témsolle que roubar o seu... mollo” (en Austin Powers) recibíu 90 votos.