Morre na Coruña Juan Rodríguez Guisán un dos pioneiros da dobraxe en Galicia

Guisán creou o primeiro estudio de dobraxe que houbo no país

9/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

Foi actor de teatro, cine e televisión pero despois canalizou a súa experiencia na primeira empresa da dobraxe que houbo en Galicia. Juan Rodríguez Guisán morreu este domingo na Coruña cidade na que vivía desde 1982. Foi un dos pioneiros da rodaxe e, entre os fitos que destacan no seu currículo, figura a dobraxe ao galego de Os gozos e as sombras con asesoramento lingüístico do académico Marino Dónega.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Marino Dónega, Teatro, Cine

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares