A Mesa e Apradoga instan á Xunta a crear un Servizo Galego de Dobraxe

A dobraxe en servizo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Esta fin de semana chegaba á carteleira a última película da saga de Indiana Jones. Como o filme ten versión catalana, a Mesa pola Normalización Lingüística e Apradoga (Asociación de profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia), aproveitaron para presentar un escrito no que solicitan, entre outras cousas, a creación do Servizo Galego da Dobraxe e Lexendaxe. Ademais, estes dous colectivos repartirá 8.000 pegatinas e 300 carteis co lema “Indiana Jones, na procura da dobraxe perdida”.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística