Os dobradores alertan dunha mala planificación do traballo

A Xunta rexeita crear un servizo galego de traducción para o cinema polo seu custe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A dobraxe comezou a principios dos anos oitenta e medrou ao amparo da Televisión de Galicia. De feito, é a cadea pública o principal motor de traballo deste sector. Sen embargo, desde Apradoga (Asociación Profesional da rama artística da dobraxe) denuncian a mala planificación do traballo. “Hai moita cantidade de traballo concentrada nunha datas, ademais de agrupar o traballo nunhas produtoras concretas” asegura José Antonio Ruibal, presidente dun colectivo que agrupa a corenta profesionais. Relacionado con este tema, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Frnández Iglesias, rexeitou a creación dun servizo galego de tradución para ofrecer na nosa lingua producions cinematográficas que se proxecten nas salas de cine. ¿O motivo? O elevado custe económico que obriga a centrar o seu esforzo nos filmes que se proxectan na TVG.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Tradución, Comunicación Audiovisual, TVG...