Política Lingüística non fomentará a dobraxe en galego ao considerala “inviable”

O departamento de Marisol López avoga por apoiar o galego no DVD e na rede

21/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

A estratexia da Secretaría Xeral de Política Lingüística no ámbito audiovisual pasa por fomentar o apoio ás televisións, o DVD, internet e as plataformas móbiles e non a dobraxe nas salas de cine e “nos formatos estándar”. Así o confirmou a Secretaria Xeral, Marisol López, ao ser preguntada polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, por que non se fomentou a dobraxe ao galego do último filme de “Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal”. Ademais, Política Lingüística alega que neste caso puntual se debe “exclusivamente a razóns de mercado e, en concreto, do prezo esixido para a dobraxe destes filmes e do inviable que resulta para a administración autonómica asumir a súa contía”.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, DVD, Internet, Cine...