Cun programa de animación simultáneo na Coruña e Vigo Galaxia presenta o sétimo libro de Harry Potter

Co sétimo libro na posición de saída

A agardada presentación en España da nova entrega das aventuras de Harry Potter alcanzará tamén ás librarías galegas que o celebrarán coa edición editada por Galaxia, simultánea á edición en catalán e castelán. Nas sedes da FNAC, na Coruña, e a Casa do Libro, en Vigo, diversas actividades animarán o vindeiro día 21 a posta en circulación do libro aumentando a expectativa xerada polo seu previsible éxito. A partir da 17:30 horas, unha hora antes da saída do libro, terá lugar un concurso de disfraces dos personaxes da saga Potter nos dous lugares. Tamén haberá unha charla de presentación desta sétima entrega, “Harry Potter e as reliquias da morte”, a cargo de lectores cualificados afeccionados ás aventuras do mozo meigo. O libro conclúe co enfrontamento final entre o protagonista e Lord Voldemort.