A autora de Harry Potter gaña o Príncipe de Asturias da Concordia, ao que optaban mariñeiros galegos e voluntarios

Potter contra os voluntarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O xurado do premio Príncipe de Asturias da Concordia decidiu desestimar a candidatura dos mariñeiros galegos e dos voluntarios que colaboraron na loita contra a marea negra do Prestige. O premio foi finalmente outorgado a J.K. Rowland, autora das novelas de Harry Potter, pola difusión do libro e por servir como “vencello de unión entre continentes e xeracións”. A candidatura galega fora promovida pola Asociación de Veciños “O mirador” de Monteporreiro, en Pontevedra, e quería recoñecer “un labor desinteresado, ingrato e duro”. Onda os galegos, había outros trinta e seis candidatos, procedentes de dezaoito países, que foron vencidos polo estudiante de bruxería.

Máis información no web dos premios e en La Opinión

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asturias, Prestige, La Opinión, Pontevedra

Claves

Entidades
Conceptos