A Fundación Luis Seoane da Coruña inaugura hoxe a exposición Modernidades diverxentes, que analiza a relación entre a obra de Luis Seoane e a prestixiosa revista Ver y Estimar, dirixida polo crÃtico de arte arxentino Jorge Romero Brest entre 1948 e 1955. O proxecto reúne unha serie de lenzos de Luis Seoane que foran mostrados ao público por vez primeira en exposicións analizadas nas páxinas de Ver y Estimar, aos que acompañan breves textos informativos que contextualizan aquel momento histórico. Ademais, no espazo expositivo reprodúcense a gran escala unha serie de fragmentos de escritos realizados por Seoane durante eses anos, nos que explica a súa postura acerca da súa propia produción, asà como pasaxes tomados das crÃticas que lle dedicou a revista. A exposición estará nas salas da Fundación Luis Seoane ata o vindeiro 4 de abril de 2021.
O tÃtulo da mostra fai referencia ao progresivo distanciamento entre dous vellos amigos e compañeiros de viaxe durante os anos anteriores, no antifascismo arxentino. AsÃ, a inclinación da revista cara os postulados do expresionismo abstracto chegado da Escola de Nova York contrastaban coa resistencia de Seoane a desvencellarse dunha figuración que era máis propia dunha tradición humanista asociada a certas correntes da arte europea das que se consideraba herdeiro. Comisariada polo investigador Pablo GarcÃa MartÃnez, a exposición céntrase nunha parte da actividade de Seoane na Arxentina descoñecida ata agora en Galicia, como foi a súa relación de encontros e desencontros con esa versión da modernidade porteña que dinamizou Jorge Romero Brest a través da súa revista.
A cultura impresa ocupa un lugar destacado na mostra a través dos exemplares de Ver y Estimar nos que apareceron crÃticas de exposicións e dos murais de Luis Seoane, entre os que destaca o número 6 da segunda época da revista, coa cuberta deseñada polo artista. A carón destes, inclúense materiais pertencentes aos fondos da Fundación que dan conta do labor do creador galego durante as dúas primeiras décadas da súa estadÃa en Bos Aires: exemplares de revistas como Cabalgata, catálogos das súas exposicións, libros, debuxos e gravados.