O Congreso Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía analiza a figura do artista

O Consello da Cultura e a Fundación Luís Seoane organizan o encontro ata o vindeiro día 9

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde esta mesma mañá e ata o vindeiro 9 de abril, as sedes do Consello da Cultura, en Compostela, e mais da Fundación Seoane, na Coruña, acollen o congreso Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía. A coincidir co centenario do polifacético artista e activista, o encontro pretende analizar esta figura á luz da súa implicación coa cultura do seu país natal e mais do de acollida. Cuestións como o galeguismo no exilio, a relación de Seoane coa Arte Medieval ou o seu traballo no Laboratorio de Formas son algunhas das cuestións que se tratarán. Ao longo do ano, a Fundación desenvolverá outros encontros centrados no traballo de Seoane como artista, o seu papel de comunicador e mais a súa participación no deseño industrial.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O activista atlántico

O activista atlántico

O traballo de Luís Seoane deixou unha fonda pegada tanto en Galicia como en Arxentina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Arxentina, Fundación Luís Seoane, Fundación Seoane...