Unhas das principais figuras da cultura galega de todos os tempos foi tamén un importante intelectual para a Arxentina do século XX. LuÃs Seoane, galego e exiliado, deixou unha fonda pegada, a miúdo pouco recoñecida, das dúas bandas do Atlántico. Agora o congreso LuÃs Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanÃa que organizan o Consello da Cultura e mais a Fundación Seoane, quere dar a coñecer este traballo.
“Seoane é un activista. A min gústame dicir iso sempre”, explica Xosé DÃaz, un dos coordinadores deste encontro e padrón da Fundación Seoane. “Estamos fartos de que se lle considere unicamente como o pintor, o gravador ou o debuxante que acadou unha proxección internacional. Eu sempre digo que Seoane exerce pola mañá de pintor e pola tarde de dinamizador social de polÃtico”. Segundo asegura DÃaz, para alén do seu recoñecido traballo como editor e dinamizador nas entidades do exilio galego, hai aÃnda moitos aspectos da súa actividade por coñecer debidamente en Galicia. “É unha vida moi rica, pero por exemplo, non se sabe apenas que espuxo vinte veces en Nova York, ou que gañou a medalla na Exposición Universal de Bruxelas. Ou aÃnda que foi galardoado coa Medalla de Ouro do Senado en Arxentina ou que foi o promotor do Museo de Arte Moderna de Bos Aires. Hai moitas cousas que aÃnda se ignoran del, pero é importante saber esas cousas, porque foi alguén cunha proxección moi importante”.
Cruce de culturas
“O interesante de Seoane é que exerce de galego, pero ao mesmo tempo, tamén de arxentino. Con toda a súa actividade polÃtica, cultural e social como galego está a artellar unha serie de connivencias e de actitudes coa intelectualidade arxentina do nomento e pon en marcha proxectos de cultura alÔ, explica Xosé DÃaz. Revistas como De mar a mar, Correo literario ou Cabalgata, son resultados deste tipo de colaboracións, “traspasan o tema galego e están pendentes de problemas tanto culturais como polÃticos de Latinoamérica e do mundo en xeral”. Do mesmo xeito, o galego mantivo unha ampla e importante rede de contactos cos intelectuais do paÃs austral durante o seu exilio. “Publica textos de Borges, e traballa da man de Victoria Ocampo ou Múgica Láinez en diferentes propostas”.
A arte social
A militancia de Seoane, para alén das súas coordenadas polÃticas de esquerdas, céntrase fundamentalmente no traballo cultural e de comunicación. “Traspasou os lÃmites do cadro. Decatouse de que o artista tiña que saÃr do taller e que debe ter un compromiso cos problemas da súa época e facer por os resolver. E isto é o que fai a Seoane moderno”. Esa vertente social da arte vese na súa concepción da creación artÃstica como un elemento necesario para configurar as formas da industria, unha idea que procurou aplicar con especial enpeño ao seu paÃs natal. “Concibe que debe axudar á configuración de obxectos industriais e por iso monta con DÃaz Pardo o Laboratorio de Formas. A idea era facer un centro de estudos onde se deseñasen as formas da nova Galicia que se tentaba crear”, explica DÃaz.
O contacto interior
Desde o exilio, Seoane mantivo un amplo contacto cos galeguistas que ficaran no paÃs. “Sobre todo con GarcÃa Sabell, Del Riego e Paz Andrade. Nunca perdeu a conexión que tiña aquÔ, explica DÃaz. De feito, procurou mediar nas tensións existentes entre este colectivo e mais o dos exiliados, derivadas da lexitimidade para representar o pensamento galeguista. “Ao comezo en Galicia non se lle recoñeceu ese papel, pero a certa altura o exilio interior rendiúselle e a xente decatouse de que el estaba por riba de todo iso, e que tiña unhas ideas que habÃa que ter en conta”, lembra o coordinador deste encontro.
A renovación de Galicia
A necesidade de modernizar a cultura do paÃs é unha constante tanto na obra artÃstica como na actividade militante de Seoane. “Para el abrir a cultura galega é estar no mundo e coñecer. Consideraba que era unha cultura arcaizante e que estaba atrasada. A súa virtude é que está a dar as pautas para modernizar non só a cultura, senón tamén o xeito de a comunicar”, explica DÃaz. Nese sentido sinala que “ten unha visión do importante pasado de Galicia e percibe que non se sabe proxectar. Iso entronca tamén coa súa relación coa arte medieval, e o xeito en que a soubo actualizar e comunicar”. Queda a dúbida de ata que punto as visións de Seoane conseguiron finalmente cumprirse, ou en qué xeito a súa influencia provocou mudanzas no paÃs. “Non sabemos a eficacia do reactivo na reacción final. Penso que o importante da súa figura non é se tivo éxito a súa actividade, penso que é o máis destacado é o seu talante e a reacción que amosou ante determinados problemas”.
Os cen anos
A celebración do centenario de Seoane ha servir para achegar en boa medida este persoeiro ao grande público. Para alén do encontro centrado na situación do creador en Galicia e mais en Arxentina, ao longo de 2010 outros congresos analizarán a súa figura desde diferentes perspectivas. Deste xeito, Vigo acollerá en maio un encontro centrado na súa figura como artista. En outubro, será un congreso en Compostela o que afondará no Seoane escritor e comunicador, e en novembro, analizarase, na Coruña, o seu traballo aplicado ao deseño. Canda a isto, publicacións e mostras queren transformar o xeito en que se percibe a figura deste galego, moito máis ca un pintor.