O Padroado da Fundación "Eduardo Blanco Amor" presentou na súa derradeira reunión do 2020 as actividades que desenvolverá a entidade en 2021 e que inclúen, entre outras iniciativas, tres novas publicacións do escritor ourensán, un traballo audiovisual e a actualización das bases do premio de novela, que cumprirá o seu 40º aniversario. O padroado acordou a próxima incorporación dun novo patrón: César Lorenzo Gil, xornalista, escritor, editor e director da revista dixital BiosBardia. Na reunión, os membros do padroado quixeron deixar constancia do seu agradecemento ás persoas que colaboraron coa fundación, con especial mención ás cesións do fondo bibliográfico de Carlos LaÃño, da colección de caricaturas de Xiro López, e dos dereitos de autor da biografÃa escrita por Gonzalo Allegue, que este ano será editada en castelán.
A Fundación levará a cabo neste ano a edición dunha colección de volumes que, baixo o tÃtulo Blanco Amor fotógrafo, recollerá nun primeiro número as fotografÃas e crónicas que o escritor ourensán publicou no diario El Pueblo Gallego en 1935, con motivo da viaxe que realizou a varias cidades do norte de Marrocos. A fundación tamén prevé publicar un traballo que reunirá escritos e estudos en torno á obra de Federico GarcÃa Lorca Seis poemas galegos, incluÃndo a correspondencia que o poeta granadino mantivo con Blanco Amor sobre este traballo. As accións previstas da entidade inclúen a realización dun traballo audiovisual en torno ao xornalista Arturo Lezcano, patrón fundador e amigo persoal de Blanco Amor. Ademais, neste ano 2021, o premio de novela co que a Deputación de Ourense honra e lembra ao escritor ourensán, cumprirá o seu 40º aniversario, unha efeméride que a fundación considera axeitada para darlle un novo pulo ao galardón, polo que se actualizarán as súas bases dun xeito aÃnda non comunicado.