A obra De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975), de Xosé M. Núñez Seixas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, que organizan conxuntamente a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. O xurado, que concedeu o premio por maiorÃa, destacou a capacidade analÃtica que a obra premiada, baseada nunha ampla e rigorosa documentación, consegue despregar sobre o fenómeno da utilización do folclore e os seus sÃmbolos polo fascismo.O xurado sinala que "á luz desa documentación, o enfoque contrastivo entre as diferentes nacionalidades históricas realÃzase cun estilo diáfano e crÃtico. Ademais, a obra premiada vencella o presente con feitos históricos que informan o actual debate sobre a organización do Estado, salientando dese xeito a actualidade do tema".
O ensaio premiado nesta edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 3.000 euros, ha ser publicado por Editorial Galaxia durante o próximo ano.A xuntanza do xurado formado por LuÃs Alonso Girgado, Xesús Fraga, Rexina Vega, Montserrat Pena Presas e Carlos Lema, como secretario con voz e voto, realizouse hoxe, dÃa 21 de decembro de 2020, ás 10 horas, por videoconferencia. Seixas, nado en Ourense en 1966, é doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Historia Contemporánea de Europa na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Na actualidade ocupa o posto de vicepresidente do Consello da Cultura Galega.