A escritora Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) ve rematar o ano no que levou o Premio Nacional de PoesÃa cun novo galardón, esta vez nunha categorÃa literaria completamente distinta, aÃnda que relacionada. O seu traballo "EconomÃa e PoesÃa: rimas internas", ven de ser recoñecido como gañador do XXIIIº Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que organizan conxuntamente a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. O xurado destacou neste ensaio a súa capacidade para abrir un debate sobre a profesionalización do mundo cultural e a "necesidade de dignificar as e os traballadores da palabra en xeral, e da poesÃa, en particular, con remuneracións acordes ao valor e importancia do seu traballo".
Segundo se indica no comunicado polo que se fixo público o fallo do xurado, este ensaio, defendendo posicións fondamente polémicas, critica procederes dos distintos axentes do sistema cultural tendentes á desprofesionalización do oficio autorial e á minusvalorización das súas achegas. "EconomÃa e PoesÃa: rimas internas" establece segundo o xurado un diálogo complexo, cheo de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, artistas e profesionais incidindo na aposta polo xusto pagamento aos labores do oficio de poeta alén das concesións militantes. O ensaio premiado nesta edición do Premio Ramón Piñeiro, está dotado con 3.000 euros e será publicado por Editorial Galaxia durante o próximo ano.