María do Cebreiro álzase co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O galardón recoñeceu a súa obra Maternidades virtuosas con 3.000 euros

22/12/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
32 lecturas | Compartido 0 veces

María do Cebreiro. Fonte: Editorial Galaxia.

A vixésima primeira edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que convocan a Editorial Galaxia e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, co patrocinio de Caixa Rural Galega, foi para María do Cebreiro Rábade Villar. O xurado recoñeceu a súa obra Maternidades virtuosas co premio metálico en 3.000 euros e a publicación en Galaxia.
O xurado destacou que este traballo supón "unha achega accesible a todos os públicos sen perder o rigor intelectual sobre como os cambios sociais, o capitalismo, o contexto tecnolóxico e os cambios no coñecemento están intervindo a experiencia da maternidade". Ademais o fallo sinala que "a autora conecta a quen le coas últimas tendencias en pensamento feminista e coa actualidade, deixando que alcance as súas propias conclusións sobre o tema".

O comité de selección estivo composto por María Alonso Alonso, Javier Barcia González, Raquel C. Pico, Lois Oreiro e Carlos Lema, como secretario con voz e voto.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego