Un estudo sobre o BNG gaña o premio Ramón Piñeiro de Ensaio

O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un logo e tortuoso camiño: adaptación, crise e cambio no Bloque Nacionalista Galego é o título no que Xosé Ramón Quintana Garrido(Ourense, 1957) analiza a historia recente do BNG. Un traballo que acaba de ser recoñecido co premio Ramón Piñeiro de Ensaio, dotado con 6.000 euros e a publicación da obra a cargo de Galaxia. O xurado recoñeceu desta obra a “capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente do BNG”. Quintana é profesor da Universidade de Vigo e un especialista en historia política e historia social.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BNG, Ramón Piñeiro, Ensaio, Xosé Ramón Quintana...