Manuel Pérez Rúa faise co premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Conseguiuno coa obra Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Manuel Pérez Rúa

Manuel Pérez Rúa

O sociólogo e técnico cultural Manuel Pérez Rúa resultou gañador da VIII Edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. O xurado deste galardón valorou a orixinalidade da obra Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea, coa que este autor analiza, a partir de testemuños orais, a evolución social do noso país desde a segunda metade do século XX. O premio está convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a
través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e mais Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa, e está dotado con 6.000 euros.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Manuel Pérez Rúa, Manuel Pérez Rúa, Ensaio...