José María Durán Medraño gaña o Ramón Piñeiro de Ensaio

Un ensaio sobre o pracer do traballo valeulle os 3.000 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx é o título do traball com que José María Durán Medraño se impuxo no VIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, dotado con 3.000 euros. A concepción do traballo na sociedade contemporánea, a atender as súas dimensións social, creativa e estética, marca o eixe dunha obra que explora ademais o vencello entre traballo e pracer. O fallo do xurado do galardón, convocado conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa dábase a coñecer esta mañá en Compostela.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, José María Durán Medraño, Ramón Piñeiro, Escritores...