"Case sempre se entende a diversidade cultural no franquismo como unha reacción fronte á ditadura, levada pola oposición política", sinalou Xosé Manuel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC, "e, sen negar isto, eu quería velo desde o outro lado do espello". O resultado é De imperios e danzas: as Españas plurais do franquismo, o libro gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020 que foi presentado onte no Consello da Cultura Galega. O libro explora a utilización do folclore dos diferentes territorios do Estado e os seus símbolos por parte do franquismo e acaba de ser editado por Galaxia coa colaboración da Xunta de Galicia.
"Aínda que o libro non só vai de folclore", indicou Núñez Seixas, "senón que se abordan as discusións políticas sobre a diversidade territorial que houbo dentro do réxime, sobre todo na súa primeira época, cando aínda non estaba todo claro. Unha dialéctica entre os proxectos de tradición foral e tradicionalista e a unidade na diversidade imperial. Houbo proxectos concretos de artellamento territorial e non podemos ver igual esa primeira etapa máis próxima ao fascismo que a tecnócrata das últimas décadas". O libro de Núñez Seixas revela como a dilatada duración da ditadura supuxo tamén cambios na forma na que se toleraban ou administraban as diversidades culturais, rexionais ou territoriais dentro do Estado.
"Ata o ano 45 a retórica imperial estaba omnipresente e plasmábase nunha articulación centralista, baseada nas provincias. De aí ata o ano 1960, reláxase a actitude represiva sobre as culturas periféricas e vólvense a editar obras no que de aquela chamaban linguas vernáculas. Primeiro son relixiosas, e logo fóronse ampliando gradualmente os xéneros. Nos anos 60 emerxe un novo discurso político no que xa se contempla máis esa pluralidade. O desarrollismo considerou que as provincias quedaban pequenas e había que crear un rexionalismo funcional", explica Núñez Seixas. Foi precisamente a través desa diversidade territorial onde se van crear "espazos de convivencia" entre os opositores católicos ao réxime e a nova elite franquista. Iniciativas festivas, publicacións, eventos... nun acordo tácito que permite a uns mover os seus proxectos ou ideas sen suspicacias. Para crear isto, moitas veces o franquismo se valeu das ideas sobre paisaxe ou cultura que foran formuladas mesmo antes da Guerra Civil, por boa parte da intelectualidade deses territorios. "Hai que ter en conta", apercibe Núñez Seixas, "que na esfera pública seguían presentes as rexións históricas. Non tiñan unha plasmación administrativa ou política pero estaban no imaxinario da xente".
Foron aqueles espazos de convivencia creados no franquismo os que, de algún xeito, acabaron chegando ata a actualidade. "Aí está a orixe do café para todos", advirte Núñez Seixas, "a reconversión de moitos cadros do franquismo en rexionalistas ou autonomistas pragmáticos". Núñez Seixas resúmeo nunha anécdota: "Aprendías a tocar a gaita nunha organización dependente de Falanxe, nos 60 ou 70, e logo fundabas un grupo de música folk nos 80".
O libro contará en 2022 cunha edición en castelán e tamén se está a considerar unha edición en inglés.