Pulan por unha candidatura internacional dos hórreos a Patrimonio da Humanidade

É unha iniciativa conxunta de entidades de varias comunidades do noroeste peninsular

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Asociación de Amigos del Hórreo Asturiano convocou o pasado venres 11 de decembro un encontro entre diferentes entidades do noroeste peninsular para intercambiar coñecementos ao redor dos hórreos de cara a unha posible candidatura internacional para promover os hórreos como Patrimonio da Humanidade. No encontro participaron a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal), as asociacións do hórreo cántabro e a leonesa La Brusenda, investigadores da Universidade do Porto e os servizos de patrimonio da Deputación de Biscaia e mais de Navarra. Os participantes confían en contactar nos vindeiros meses con entidades similares doutros países e con institucións para informarlles do proxecto.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Asociacións, Universidade do Porto, Navarra